mércores, 28 de febreiro de 2024

8 de MARZO - CICLO DE CURTAS

 O voluntariado da Biblio de Carola prepara un novo ciclo de curtas para conmemorar o Día da Muller traballadora. Por esa razón poderemos disfrutar da súas escolla durante toda a semana






martes, 19 de decembro de 2023

Para este Nadal na Estrada RECOMÉNDASE LER....

 Aquí chegan as recomendacións que fan as bibliotecas PLAMBE de primaria do concello da Estrada



Nas LIBRARÍAS LOCAIS repartiremos estes carteis para chegar a moita xente coa nosa mensaxe de ler e de mercar o que lemos na Estrada



Ata as nosas casas chegará estes tríptico:













domingo, 29 de outubro de 2023

SAMAÍN para BAILAR no CEIP de Figueiroa

 

BRINCA VAI!! Paco Nogueira


CANCIÓN DOS MONSTRIÑOS


A BRUXA MARUXA


SAMAÍN de Mamá Cabra


ERA NOITE DE TREBÓN de Mamá Cabra


OS TERRORES FAVORITOS de Kókiti Música



CONXURO


SAMAÍN de Kókiti Música



SAMAÍN de Uxía Lambona e a Banda Molona



SAMAÍN de Jesús Pareja


O OUTONO XA CHEGOU de Uxía Lambona e a Banda Molona



CANCIÓN DO MAGOSTO 13 Lúas



BAILE DO SAMAÍN. Língua de signos LSE


LOS ALEGRES ESQUELETOS


CHÚMBALA CACHÚMBALA de Luli Pampín 


HUESITOS


mércores, 13 de setembro de 2023

Carola e Lingüereta OLÍMPICAS

 Como non podía ser doutro xeito, Carola e Lingüereta tamén dan boa conta dos Xogos Olímpicos, e así, mentras Lingüereta é aportadora do FACHO OLÍMPICO, Carola é unha atleta que corre en cadeira de rodas.

Lingüereta leva o facho xunto con Phryge paralímpica

Carola a toda velocidade na súa cadeira de carreiras acompañada de Phryge Olímpica

  

Nas imaxes anteriores, podemos ver ás nosas mascotas acompañadas de Phryge, o gorro frixio que representa aos Xogos de París 2024. Por esa mesma razón locen na cabeza os gorros que simbolizan a liberdade e a posibilidade de que o deporte pode cambiar vidas.

O lema da Phryge olímpica e da Phryge paralímpica é “Sós mos máis rápidos, pero xuntos chegamos máis lonxe”, e representan ol modo no que as mascotas, e as persoas de todo o mundo, podemos facernos mellores os uns aos outros traballando xuntos.






luns, 11 de setembro de 2023

FIGUEIROLIMPÍADAS: un curso de campionato!!!

 O curso 23/24 vai rematar coa inauguración dos Xogos Olímpicos de París. Aproveitamos esta celebración para adicar o PDI deste curso ao "feito olímpíco" por todas as cousas boas que nos pode aportar. 

A nosa pretensión é achegar os valores fundamentais do olimpismo á nosa comunidade educativa, mediante o PDI “Un curso de campionato”. As actividades para realizar serán diversas, traballando en equipo e promovendo a participación de todas e todos. Os alumnos coñecerán a información referida ao Olimpismo, pero tamén desenvolverán actitudes de cooperación, de empatía, de respecto aos demais, e fairplay, como valores do Olimpismo.

O CÓMIC tamén terá moita presenza, dado que é o xénero literario proposto pola Aseosría de Biblitoecas para traballar neste curso.


Un ano máis, a entrada do noso cole rinde homenaxe ao PDI e recíbenos así o primeiro día de clase:














mércores, 28 de xuño de 2023

DINAMIZA TV 2023

 Coa colaboración do Concello da Estrada o noso centro participou do convite para facer un telexornal de verdade.

Neste novo "Dinamiza TV" o noso centro dou boa conta do PDI no que levamos a traballar todo o curso 22/23


ORLA CINEMATOGRÁFICA DE MESTRAS E MESTRES

 No noso "Curso de cine" o profesorado desfila pola alfombra vermella para render homenaxe á 7ª arte. Grazas ás novas tecnoloxías mestras e mestres ocupan o lugar dos protagonistas de grandes películas.

Esta é a carteleira que aparece na contraportada da revista escolar "CANDEAS"

Pero imos ir polo miúdo e presentamos as carátulas:

Facendo xustiza!! esta debía ter ido na revista






























the end




Resultados do PELICULÓMETRO!!!!

 Foron moitas as ÁRBORES XENEALÓXICAS CINEMATOGRÁFICAS que chegaron dende as familias do noso alumnado. Poden verse nesta LIGAZÓN.


Por fin temos os datos do PELICULÓMETRO!!, despois de recoller e facer as contas podemos ver como quedou a votación.

Estas son as pelñiculas que obti

  • En total foron escollidas, con 750 votos, un total de 314 películas. Os votos correspondentes a cada xeración foron:


  • A clara vencedora é a película escollida por avoas e avós, con 25 votos. A máis votada por nais e pais tivo 15 votos e no caso de fillas e fillos houbo un empate de 11 votos.
  • A escolla diversifícase coas novas xeracións, é decir, aparecen máis películas canto máis novos son os membros familiares.
  • Hai moitas coincidencias entre xeracións contíguas, pero moi poucas entre a 1ª e a 3ª xeración.

Estas son as pelis máis valoradas:

A 1ª escollida por avoas e avós con 25 votos



A preferida de nais e pais con 15 votos

No caso dos máis pequenos, fillas e fillos houbo un empate a 11 votos das seguintes películas:





Todos os votos quedan recollidos na seguinte táboa, onde aparecen as películas ordenadas alfabéticamente.