martes, 27 de decembro de 2011

FICHA DE LECTURA


CLUBE DE LECTURA

O martes, 20 de decembro recibimos unha visita moi especial: A do clube de Lectura do IES Losada Diéguez.
O profesor que os dirixe -Eladio Anxo- estivo con nós hai unhas semanas e ofertounos a visita.
Todos nos puxemos moi contentos porque os seus compoñentes son ex_alumnos e ex_alumnas do centro.
Hoxe viñeron e descubrimos que son uns excelentes contacontos.
Agasallaron aos nenos e nenas de tres, catro e de 2ºB cuns contos preciosos.
Dende aquí dámoslles outra vez as GRAZAS e decímoslles que xa estamos contando os días que faltan para volver a velos por aquí.







luns, 26 de decembro de 2011

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Exposición na Biblioteca “Na túa carta de Reis… un libro tamén.” Os alumnos e alumnas do centro visitaron a mostra de libros que as librerías de A Estrada nos deixaron en empréstito durante a semana do 12 ao 16 de decembro. Moitos dos nenos tomaron notas para estar seguros de que os Reis lles traen os que queren. Varias familias achegáronse pola tarde para visitala. GRAZAS de novo a Alberte Quiñoi, Durán, Faro, Lolimay e Marxe.
Esperamos no futuro contar coa súa colaboración de novo.












domingo, 11 de decembro de 2011

"NA TÚA CARTA DE REIS... UN LIBRO TAMÉN!".

"Na túa carta de Reis...un libro tamén!"
Esta semana a nosa biblioteca está chea de libros e novidades para que poidades velos e decidir cales lle queredes pedir aos Reis Magos. Todos os nenos e nenas do cole a visitarán cos seus profesores e tamén estará aberta pola tarde para que a poidades vir ver coas vosas familias. Dende aquí agradecemos ás librerías da nosa vila - Alberte Quiñoi, Durán, Faro, Lolimay e Marxe- a súa colaboración. GRAZAS!




sábado, 19 de novembro de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.


Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.

domingo, 30 de outubro de 2011

MAGOSTO E SAMAÍN

O cole encheuse de cabazas que hoxe fixeron as delicias de todos. A colaboración por parte das familias foi unha vez máis estupenda. Grazas.



MAGOSTO E SAMAÍN

Hoxe no cole celebramos o magosto e o samaín. Durante toda a semana os libros de medos e os alusivos a estas festas andiveron de clase en clase

martes, 25 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Hoxe 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. Nelas podes atopar calquera cousa que queiras. Non o esquezas.







"Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca”

Jorge Luis Borges.

HORA DE LER


Recordade “a hora de ler” cada semana. Hai un montón de fondos esperando por vos.

luns, 24 de outubro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS


As mochilas viaxeiras xa andan de casa en casa. Este ano son moitas. ¡Disfrutádeas!

BENVIDOS DE NOVO


A vosa biblioteca está de novo aberta e funcionando dende o 1 de outubro.

xoves, 23 de xuño de 2011

GUÍA DE LECTURAS 2011-12

GUIA LECTURA 2011-12

venres, 3 de xuño de 2011

Letras Galegas. Lois Pereiro

A In Soportable Levedade Das Bibliotecas Escolares Galegas

A In So Portable Levedade Das Bibliotecas Escolares Galegas

xoves, 12 de maio de 2011

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN

O xoves recibimos a visita de Rosalía Morlán. Os nenos de 5 anos e os de 6º traballaron os seus poemas e tiñamos moitas gañas de coñecela. Escoitou as actuacións dos nenos de Infantil e os de sexto fixéronlle unha morea de preguntas. Nos fixémoslle un agasallo pero levámonos unha gran sorpresa porque ela TAMÉN NOS AGASALLOU con fermoso cadro do sol e da lúa e con un grupo de animaliños para as clases de 5 anos aos que poñeremos nome. Foi unha experiencia fantástica e asinou en moitos libros dos nenos e do cole. Dende aquí soamente dicir ! GRACIAS ROSALÍA !
















VISITA DE KALANDRAKA






O martes tivemos unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de primeiro. Ofrecéunola Kalandraka. Patricia e Alex deleitáronnos coa súa fermosa voz e o seu acordeón.Gustounos moitísimo e xa estamos agardando a que volvan. Que ben o pasamos!!

venres, 6 de maio de 2011

Clube de Lectura




Hoxe voltaron as reunións do clube de lectura. Os nenos de 6º B tivemos o encontro lector na BE e
comentamos a nosa experiencia co libro " A coitada da lúa " de Rosalía Morlán. Pasámolo moi ben!

Agasallos ANPA

A ANPA do noso colexio tamén celebrou o Día do Libro repartindo libros como agasallos na biblioteca.

Lecturas favoritas no día do libro



Os nenos do noso cole foron invitados a celebrar o día do libro no concello coas súas lecturas favoritas. Fesanpas agasallounos cunha placa conmemorativa e con máis libros.

sábado, 23 de abril de 2011

xoves, 21 de abril de 2011

23 ABRIL DÍA DO LIBRO


Entrañable vídeo realizado polo IES Cruz de Caravaca.Disfrutádeo

xoves, 14 de abril de 2011

CONTACONTOS INFANTIL

Os nenos de Infantil disfrutaron cunha sesión de contacontos na biblioteca. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron.

mércores, 13 de abril de 2011

MES DOS LIBRO

Neste mes dos libros os nenos de 5 anos queren compartir con todos a súa aportación: Un pequeno libro individualizado co conto da Rata Lambelata.




martes, 12 de abril de 2011

ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO

Os pasados días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago os Encontros de Bibliotecas Escolares PLAMBE. A nosa BE estivo alí o día 8 disfrutando do moitos bos materiais ofertados por todos os centros e de estupendas exposicións a cargo de personalidades como Teresa Mañá,Monica Baró e compañeiros doutros centros.A sesión cerrouse coa conferencia de Neira Vilas. Aquí tendes a nosa aportación.