mércores, 27 de decembro de 2017

2017 FESTIVAL NADAL 2º pase

Vídeo reeditado que recolle as actuacións de 6º, que inicialmente non aparecían.

Dende a Biblio de Carola queremos pedir desculpas porque a actuación de 5º B de primaria non aparece recollida na súa totalidade. Debido a problemas técnicos, tan só podemos ofrecer unha pequena mostra. Sabemos que se trata, a clase de 5º B, dun grupo de nenas e nenos fantástic@s que comprenderán esta situación.


sábado, 23 de decembro de 2017

O QUE SE VÍA E OÍA cando actuaba 4º de Infantil


Montaxe de fotos que acompañou a 4º de Infantil durante a súa actuación


venres, 22 de decembro de 2017

Un ESTILO MUSICAL para cada clase

Para apreciar o ben que saimos nas fotos dos calendarios...



Os calendarios, ao alcance de tod@s.

Ao mellor precisades da foto do voso calendario para....

Por se fora así, aquí vos deixamos as fotos de tooooodos os calendarios.







 








 








xoves, 21 de decembro de 2017

Neste Nadal, marca o ritmo do teu lecer LENDO!!!




Aquí quedan as recomendacións lectoras que facemos todas as bibliotecas PLAMBE do concello da Estrada.






EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIO DE CAROLA

Despois de varios anos, retomamos un costume que sempre foi moi ben acollido no noso cole:

A EXPOSICIÓN DE NOVIDADES LECTORAS APORTADAS POLAS LIBRARÍAS DA ESTRADA.

Queremos agradecer unha e mil veces o mimo e a atención que nos prestan as nosas librarías viciñas:

ALBERTE QUIÑOI

DURÁN

FARO

LOLIMAY

MARXE

Grazas á sua colaboración puidemos disfrutar de momentos coma estes:





















domingo, 3 de decembro de 2017

CANCIÓNS FAVORITAS DE PROFES!!

Ás profes e aos profes tamén lles gusta e lles presta a música.

Por iso queren compartir as súas cancións favoritas.

Aproveitaremos as semanas incompletas para escoitar este listado.







MUSICÓMETRO: resultados!!!

Xa se poden ver hai días os resultados das votacións na entrada do cole.

A partir deses datos creamos unha lista de reprodución en Youtube coas

26 CANCIÓNS MÁIS VOTADAS!!!

son as cancións que teñen 5 votos ou máis de AVOAS-AVÓS, NAIS-PAIS e FILL@S.





CANTA VARIEDADE!!

6º B de Educaciuón Infantil RUMBEOU unha semana!!!



Esta foi a escolla de RUMBAS que fixeron os maiores de Infantil.

Como xa saben moito de rumbas, hai exemplos de:

RUMBA FLAMENCA 

RUMBA CATALANA 

RUMBA GALEGA 

Parecía tan sinxelo e son un mundo!!!



xoves, 23 de novembro de 2017

25 de NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Igualdade



O sábado 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP de Figueiroa imos achegarnos a este problema, a partir de situacións reais nas que alguén se empeña en facernos diferentes, distintos e desiguais.Agora que está tan próximo o Nadal e con el os inevitables e agardados agasallos, imos fixar a atención nas ofertas de xoguetes.

TODOS QUEREMOS XOGUETES??
COÑECEMOS MOITOS XOGUETES?
SABEMOS PARA QUE SIRVEN OS XOGUETES QUE QUEREMOS?

Pois despois de ter claro esas cousiñas, miraremos polo miúdo como nos presentan eses xoguetes, facendo este TRABALLO EN EQUIPO. Tan só precisaremos catálogos de xoguetes e as fichas que aparecen a continuación:



Moitos destes xoguetes, moita publicidade, entra polos ollos. Na televisión dende onde máis publicidade nos chega.
Fixemos unha escolla entre diferentes anuncios publicitarios para traballar na clase.

Son 25 ANUNCIOS de XOGUETES.

É un TRABALLO EN EQUIPO, porque pensando entre varias persoas, pensamos máis e mellor.

Colocádevos en grupos de 4 ou 5. Trátase de ver o vídeo en clase e ir contestando a ficha que aparece a continuación. Entre anuncio e anuncio hai 5 segundos que poderedes aproveitar para parar o vídeo e adicar un pouco máis de tempo á pensar e contestar.







A modo de resume, deixamos aquí un vídeo que fixo The Huffpost, sobre o sexismo nos xoguetes. Recomendamos velo despois de facer o traballo de reflexión previo.



E como estamos no ANO DA MÚSICA, como non podía ser menos, durante o venres e o luns escoitaremos unha escolla de cancións que demos en chamar

25 de novembro no ano de MÚSICA, MÚSICAS


A CLASE DE 3 ANOS PEGA FORTE CO HEAVY!!

Durante esta semana escoitamos unha seleción feita pola clase de 4º A de Infantil.

O estilo musical:





A escolla que fixeron foi a que aparece neste vídeo:



As mañáns entraban con forza no noso cole!!!








Viva o HEAVY METAL. 

domingo, 19 de novembro de 2017

A MÚSICA QUE ESCOITAMOS CADA SEMANA... BAILAS??

Ola a todos. Como puidestes ver o noso cole está máis musical ca nunca.

Son tantos e tan variados os estilos que se están a traballar en todas as clases!!


Podemos coñecer máis de cerca cada estilo, cada música, grazas á nosa MÁQUINA DE DISCOS. Está situada na entrada do cole e no seu cadro de seleción podemos ir vendo que música escoitamos cada semana do que queda de curso.








Durante a semana pasada escoitamos CHARLESTÓN. Tratábase da escolla que fixo 1º A de Primaria e que vos deixamos a continuación.




A entrada ao cole, o recreo e a saída fixéronse dun xeito moooito máis animado. Daba xenio ver como ata os máis pequenos acodían ao patio movendo as cadeiras e os brazos. Podemos decir que o charlest´n foi do noso agrado.

E QUE NOS AGARDA PARA A SEMANA QUE COMEZA MAÑÁ?? Só podemos adiantar que a escolla musical corresponde a un dos grupos dos máis peques do cole: a clase de 4º A de Educación Infantil.

Van sorprender a máis dunha coa súa seleción!!

Mañá máis...