luns, 27 de febreiro de 2017

MOMENTAZOS DO ENTROIDO NO COLE!!


Cando o entroido é compartido, dá xenio!!! Grazas ás compis do bus!!
Pica debaixo para ver a entrada completa...

24 DE FEBREIRO: Día de Rosalía



 O venres 23, no MOME celebrouse o DÍA DE ROSALÍA.
 
O CEIP de Figueiroa tamén participou a través da intervención de Kenia Souto co poema "Castellanos de Castilla"

Foi a ocasión elexida para presentar o novo traballo colectivo, sobre un dos poemas da nosa autora. "Negra sombra" aparece nunha nova interpretación onde participan moitos e moitas viciñas da Estrada. Aquí queda ese maravilloso traballo:


Parécenos esta unha moi boa ocasión de recordar a creación colectiva que fixemos no CEIP de Figueiroa hai uns anos.



Así imos facendo boca, agardando polos poemas que están a piques de sair neste curso dende o noso cole.
Lembremos que terán moito que ver co que se está a traballar no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Máis concretamente coa temática iniciada co gallo do Día da Paz: refuxiados-emigración...
Xa queda pouco!!


CHEGOU O GRAN DÍA!!! PRIMARIA NO FESTIVAL DE ENTROIDO!!!

Para disfrutar e recordar este gran día, aquí queda unha mostra de todo o que se viveu tan intensamente!!


Pica debaixo para ver a entrada completa...


 1º de PRIMARIA






CHEGOU O GRAN DÍA!!! INFANTIL NO FESTIVAL DE ENTROIDO!!!


Para disfrutar e recordar este gran día, aquí queda unha mostra de todo o que se viveu tan intensamente!!

Pica debaixo para ver a entrada completa...

4º de INFANTIL


 




venres, 24 de febreiro de 2017

REMATOU A SEMANA E..., OBEDECEMOS AO XENERALIÑO!!


LUNS. EN BATA DE CASA.


5º B de Educación Infantil, posando onda o noso Xeneraliño
4º de Infantil, como recén levantados da cama!!



2º B, agardando para baixar á clase de música


MARTES. CUNHA HORTALIZA



Pica debaixo para ver a entrada completa...

venres, 17 de febreiro de 2017

Semana do entroido: OS MANDADOS DO XENERALIÑO

Que guapo e que feito quedou este Xeneraliño
que fixeron nenas e nenos de 8 grupos,
de Infantil e Primaria!!


  Nunha das nosas semanas favoritas do curso, xa estamos dispostos a obedecer o que nos manda o noso Xeneraliño do Ulla.
 
Este ano os MANDADOS están moi relacionados co proxecto que estamos a traballar "Estrada de Estradas".

Todo o cole vivirá o entroido como unha de tantas e tantas feiras que hai e houbo no noso concello. Agora sabemos que temos feira na Estrada os mércores e os sábados, pero houbo feiras de moita sona!!!

preguntade, preguntade e veredes...





Pois para esta nosa feira que tamén ha de ter moita, moita sona, o Xeneraliño vai preparándonos deste xeito:






Luns, en BATA DE CASA 

















Martes, cunha HORTALIZA


 





Mércores, cun PANO MOI  COLORIDO



 





 Xoves, DISFRAZ LIBRE

 

xoves, 16 de febreiro de 2017

POR FIN!!!


O MEU CONCELLO

"A Estrada mola"



Por fin, despois dunha pequenas dificultades técnicas podemos disfrutar da nosa canción!!!


sábado, 11 de febreiro de 2017

MARÍA de "Pedriño": 2º B de primaria comparte lecturas

Cando se fixo unha homenaxe a Don Olimpio  o grupo de 2º B colaborou lendo un anaco da obra de "Pedriño". De volta nas aulas, esa lectura veuse mellorada e enriquecida facendo ilustracións e grabando ese capítulo do conto de "Pedriño".

Aquí queda o resultado...