PDI


23/24  PDI  "Un curso de campionato" FIGUEIROLIMPÍADAS






 22/23  PDI  "Un curso de cine"


Premer na imaxe para acceder ao PDI



 21/22  PDI  "Dándolle voltas ao mundo"


Premer na imaxe para acceder ao PDI







 20/21 PDI "Saudiños e Saudiña  


Premer na imaxe para acceder ao PDI

Este PDI parte das necesidades manifestadas polo colectivo docente a través dun cuestionario. Dada a situación que estamos a vivir de grupos burbulla, patios separados, liñas no chan que indican por onde desprazarse... parece que o PDI podería cumplir a función de xuntármonos e agasallarnos coa vivencia de seguir formando parte dun grupo, dun colectivo. De ser comunidade.

A modo de síntese podemos decir que o que realmente nos preocupa é atopar o novo espazo onde poder interactuar, relacionarnos e seguir a conformar unha comunidade; pero sempre coa garantía de saber que temos que coñecer e facer para coidarnos. Sería, polo tanto, SAUDIÑOS E SAUDIÑA





    19/20  PDI  "COMO! como?"   




https://sites.google.com/view/pdi-como-como/pdi-como-como
Unha actividade tan cotiá como é ALIMENTARSE será o eixo central do curso 19/20 no CEIP de Figueiroa. Tentaremos ofrecer un amplo abano de posibilidades para dar resposta aos intereses que xurdan en cada persoa, clase, nivel, ciclo...
 
Alimentarse é unha acción conscente da que participamos todas as persoas. Buscamos facer da alimentación e dos alimentos un feito explícito sobre o que facer análises, investigar, reflexionar e, na medida do posible, modificar conductas e actitudes que nos axuden a ser mellores persoas no medio físico que nos tocou vivir.





    18/19  -  PDI "AMAROMAR"   



O mar constitúe un elemento atractivo e suxerente por si mesmo… Chegar o primeiro día de clase, ao centro totalmente ambientado con elementos náuticos e mariñeiros é sinónimo de garantía de motivación e emoción.









Para coñecer máis deste PDI, premer na imaxe da dereita.  












   17/18 - PDI "MÚSICA, músicas"  


Un novo proxecto se pon en marcha no CEIP de Figueiroa no curso 17/18.

Este curso tócalle á MÚSICA, algo que non vemos, que non tocamos, que non ulimos nen saboreamos, pero que SENTIMOS, VIVIMOS cando a ESCOITAMOS.

Co Proxecto Documental Integrado "MÚSICA, músicas" queremos achegarnos a este xeito de expresión que leva acompañando á humanidade dende...

Vivir sen música seria casi imposible. Xa forma parte de nós, incluso antes de nacer. A música cumple diversas funcións: axúdanos a soñar, fainos compaña, permítenos sentirnos parte dun grupo social máis amplo..., en definitiva amplifica as nosas sensacións e emocións, as positivas e as negativas.

A modo de resumo, expoñemos este mural que se fixo con motivo da asistencia da nosa biblio ao Encontro de Bibliotecas:





TODO O PROXECTO PODE COÑECERSE PICANDO NA SEGUINTE IMAXE:

PDI "MÚSICA, músicas" 17/18





 16/17 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (II) 

Este curso 2016/2017, por primeira vez na nosa historia, repetimos temática de traballo no PDI (Proxecto Documental Integrado).

E non ía ser menos!!! Trátase do noso concello, a vila e todas e cada unha das parroquias que o conforman.

E SON 51 PARROQUIAS!!!!

 O curso pasado dou para moito. A vila da Estrada foi a máis directamente estudada dende o noso centro e dende o noso centro colaborador, o IES Antón Losada.

Este curso, para ir abrindo boca, empezamos por algo sinxeliño:

POR QUE SE CHAMA ASÍ A PARROQUIA...? 

 Atendemos á clasificación que fixo Don Manuel Reimóndez Portela do concello e... cada curso encárgase dunha desas zonas. 

Hai moita información que buscar e xa temos preparado onde haberá que depositala. Cada parroquia ten a súa PÁXINA colgada no CORREDOR DA ESTRADA








 15/16 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (I) 








  14/15 - PDI: VIAXE   POLO   MUNDO    







    13/14  -  PDI: A  BOTICA  DA  TERRA   







Ningún comentario:

Publicar un comentario